martes, 15 de septiembre de 2015

ANIMALIA

“ANIMALIA”

Nalgunhas cidades e pobos perviven costumes e tradicións nas que o elemento central de diversión consiste no maltrato de animais de todo tipo como touros, cabalos, bois, cans ou galos. Son rituais sanguentos xa institucionalizados e caracterizados por unha crueldade absolutamente gratuíta que resultan moralmente vergoñentos.
Ás veces semella que seguimos anclados na Idade Media, cando a barbarie ante o xénero humano e o mundo animal formaba parte dunha moral que non resistiría unha análise moi severa. Porén, dende aquela, moito se avanzou no ámbito da fundamentación teórica dos dereitos dos animais ainda que non tanto na súa aplicación práctica. Nos últimos anos, Peter Singer e Tom Regan ofreceron perspectivas teóricas sobre dito asunto. O primeiro fundamentando os dereitos do animal no utilitarismo e a defensa dos seus intereses; Tom Regan, e dende unha perspectiva deontolóxica, suxerindo dez razóns para preservar os dereitos dos animais tales como a non discriminación arbitraria, os principios de imparcialidade e de xustiza, os sentimentos de compaixón, xenerosidade e paz, a procura da autorrealización persoal e o sentido dun ecoloxismo prudente.