O Anteproxecto de Decreto
polo que se establece o Currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e do
Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia elimina tres das catro materias
que viñan compoñendo o ciclo completo dos estudos de Filosofía na ESO (a
“Educación para a Cidadanía de 2º da ESO, a “Educación Ético-Cívica” de 4º da
ESO, e a “Historia da Filosofía de 2º de BAC) deixando só una materia
obrigatoria (a “Filosofía” de 1º de BAC, e con duas horas lectivas semanais) o
que supón una redución do 75% do currículo de Filosofía. Esta merma no
currículo minguará a capacitación do alumnado galego para afrontar a proba de
reválida establecida polo Ministerio de Educación e Ciencia para todo o estado
español, entre outras razóns porque na maioría das restantes Comunidades
Autónomas a carga horaria semanal será de tres ou incluso catro horas semanais,
manténdose inalterable o conxunto de estándares de aprendizaxe que constitúen o
perfil de área da materia de Filosofía (incluso ampliando ditos estándares con
respecto áos existentes na actual LOE).
Por outra banda, dito Anteproxecto reduce a Historia da
Filosofía de 2º de BAC a un mero ornamento educativo e formativo converténdoa
nunha materia optativa, meramente discrecional para o alumnado galego, e
situándoa dentro dun entorno de opcionalidade irrealizable. Novamente, tamén
cómpre dicilo, sufrindo un forte agravio comparativo con respecto a outras
Comunidades Autónomas nas que mantén un rango de materia específica obrigatoria
cunha carga de tres horas lectivas semanas.