viernes, 20 de septiembre de 2013

"HABITACIÓN DO ASOMBRO" (novo libro de Fernán-Vello)





Habitación do asombro é o último libro publicado polo poeta Miguel Anxo Fernán-Vello, amigo fraternal da infancia. O libro acadou a XXVIII edición do premio Cidade de Ourense de Poesía e acaba de ser editado hai uns poucos meses pola editorial Espiral Maior, editorial da que o propio escritor é director.
Neste libro, Miguel Anxo, bardo entusiasta, sensual, melancólico, hiperactivo, comprometido, xeneroso, apaixoado, soñador e “creador de palabras” (un auténtico “torrente cultural”) exerce de “poeta-notario” da realidade social na que vivimos con unha estética formal moi coidada e unha fondura vital fora de toda dúbida. Insuperables son os poemas “Cemiterio”, “Fuga da dor” ou (sobre todo) “Desprazados”, un grito de desesperación existencial e emotivo frente á realidade actual na que vivimos.
Excelente poesía, unha vez máis, a de Fernán-Vello. Sobre todo hoxe, nunha época de analfabetismo xeralizado. Parabéns, meu amigo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario